MURAIS. CONTEXTO. TRANSFORMACION.
A miña filosofía de traballo baséase nun forte compromiso coa comunidade, a igualdade e a responsabilidade social mediante o uso da expresión artística.
Os proxectos de arte urbana e muralismo que desenvolvo están fortemente arraigados ao espazo físico, simbólico, patrimonial e social nos que pinto. O que implica que a participación comunitaria sexa un factor fundamental para que as obras sexan percibidas como propias no contexto no que se insiren. Deste xeito promóvese o diálogo e o pensamento crítico entre a veciñanza.
Se queres encargarme un mural ou convidarme a pintar no voso festival, podes contactarme a través do correo electrónico komorevi.art@gmail.com